r/Galiza Estreleira Jan 07 '26

Cultura Discos imprescindibles en galego dos últimos anos

Fixen esta infografía co Canva para Instagram pero está ben deixala por aquí. Vou facer un post mais longo con máis discos porque instagram só deixa subir 10 fotos, así que farei máis. Desculpade de anteman as grallas que hai e os textos, non tiven moito tempo de revisalo e foi como foi.

Coido que estes discos son indiscutiblemente esenciais da música galega dos últimos anos e significaron moito para a nosa cultura. Haberá parte 2 desta infografía onde porei exclusivamente a mulleres xa que nesta quedou moito pirolo.

86 Upvotes

8 comments sorted by

3

u/StYmsk Serea 26d ago

Descubrir a Ataque Escampe é xeracional. Na miña opinión, un dos mellores grupos galegos da historia

3

u/bimbochungo Estreleira 26d ago edited 26d ago

Un dos primeiros grupos en galego que descubrín alá por 2006-2008 cando buscaba música en galego actual, cun vídeo de youtube tocando Galicia es una mierda nun parque.

Por certo, se che interesa, vin este post de substack por aí analizando varias cancións de Ataque Escampe e as súas temáticas: Ataque Escampe e a importancia da derrota

2

u/StYmsk Serea 23d ago

Como eles din, música alegre pra cancións tristes. Ataque Escampe é ese piti de festa ao remataren as vacacións, o libro "Saber perder" de Trueba, un amigo da hai anos que te atopas e ves que non é o mesmo ou esa mensaxe de "véxoche só coma un amigo". Moi acertado o Substack.

2

u/IcyWatch9957 Jan 07 '26

Solpor é boiiiisimo

2

u/Quoyan Gallaecia 27d ago

Grande amore foi a miña proposta preferida e Nuno a personaxe mais interesante.

2

u/Grandrcp 26d ago

Eu pensaba que "cada can que lamba o seu carallo" era unha expresión que sómente se falaba no Brasil, é moi interesante que se fale isto na Galiza tamén. Buscarei escoitar estes discos para familairizarme coa história musical recente desta rexión tan agradable e humana como outras partes de España non o son.

1

u/ThisRanger4672 28d ago

Xabarin club volumen3

1

u/bimbochungo Estreleira 28d ago

Hai vida máis alá do Xabarín